Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Clases Pasivas
domingo, 25 de outubro de 2020 12:25:03

Os nosos servizos

 

PENSIÓNS, INDEMNIZACIÓNS E AXUDAS

  • Recoñecemento e pago de:
    • pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado causadas polos funcionarios civís
    • pensións derivadas da guerra civil
    • axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual
    • anticipos do Fondo de Garantía do Pago de Alimentos.
  • Pago das pensións de Clases Pasivas causadas polo persoal militar e asimilado.
  • Pago de axudas aos afectados polo Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH).
  • Recoñecemento de pensións en aplicación dos regulamentos comunitarios de coordinación dos sistemas de Seguridade Social.
  • Recoñecemento do dereito a transferir ao sistema de previsión social da Unión Europea o equivalente actuarial dos dereitos pasivos dos funcionarios civís españois.

ATENCIÓN E INFORMACIÓN Ao CIDADÁN

  • Información presencial con atención personalizada.
  • Información telefónica no número 900 50 30 55.
  • Contestación ás consultas formuladas por correo postal ou a través do Portal de Clases Pasivas.
  • Información sobre os importes das pensións dos funcionarios próximos a xubilarse, previa solicitude dos interesados.
  • Envío de información personalizada ao domicilio dos interesados.

SERVIZOS ELECTRONICOS PERSONALIZADOS

Préstanse os seguintes servizos electrónicos (requiren certificado electrónico do usuario) na sede electrónica de Clases Pasivas https://clasespasivas.gob.es

  • Consulta do estado de tramitación da pensión ou prestación solicitada, ou do recurso interposto.
  • Consulta de datos sobre a pensión ou prestación recoñecida.
  • Recibo de nómina dos últimos 12 meses.
  • Informe sobre a revalorización anual da pensión.
  • Informe sobre as retencións a conta o IRPF practicadas na pensión.
  • Certificados de pensións.
  • Información sobre o cálculo da pensión recoñecida.
  • Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións, a través do Rexistro Electrónico de Clases Pasivas

OUTROS SERVIZOS ELECTRÓNICOS

Préstanse os seguintes servizos electrónicos (non requiren certificado electrónico do usuario) no Portal de Clases Pasivas    http://www.clasespasivas.sepg.pap.hacienda.gob.es

  • Información actualizada sobre as prestacións, procedementos, servizos e normativa de Clases Pasivas.
  • Modelos de solicitude das prestacións de Clases Pasivas e das comunicacións necesarias para o recoñecemento e pago das mesmas.
  • Simulación do importe aproximado da futura pensión de xubilación, a través do programa Simul@.